Monday 06 de May de 2024

Un total de 58 veciños e veciñas de Frades participan nunha viaxe ao País Vasco e Burgos


Un total de 58 veciños e veciñas de Frades participaron nunha viaxe ao País Vasco e Burgos organizada polo Concello de Frades e que tivo lugar do 18 ao 20 de setembro. Unha excursión na que os fradenses visitaron as localidades de Bilbao, San Sebastián, Vitoria, Burgos e Astorga.

A expedición saíu de Frades o 18 de setembro con destino Bilbao, onde visitaron o museo Guggenheim, fixeron un percorrido en metro pola cidade e remataron cun paseo polo centro histórico. Na xornada do sábado 19, os veciños desprazáronse ata San Sebastián, onde visitaron a praia da Concha, subiron ao monte Igueldo e, como non, fixeron unha Ruta dos Pintxos polos bares da zona. Xa á tardiña visitaron o casco histórico de Vitoria.

O domingo, a expedición iniciou o camiño de volta a Frades con dúas paradas moi especiais. A primeira foi en Burgos, onde se achegaron a coñecer á súa catedral gótica. A segunda foi en Astorga onde, ademais de coñeceren os encantos da vila tamén puideron dar boa conta das famosas mantecadas antes de volveren a Frades.